sábado, 21 de diciembre de 2019

FELICES FESTAS.

O equipo da biblioteca do Ceip Albeiros desexámosvos 
Felices Festas.
Se pinchas na imaxe levarate ao blog do Centro onde poderás ver as actacións do Festival de Nadal
Felices lecturas!


martes, 3 de diciembre de 2019

NOVIDADES

Acaban de chegar a coleción de contos de "Blef" a través dos cales coñeceremos máis e aprenderemos a identificar as nosas emocións. Agardamos que sexan do voso agrado.


sábado, 30 de noviembre de 2019

"NON MÁIS PRINCESAS"

Hoxe asistimos ao espectáculo de narración oral "Non Máis Princesas", un contacontos a prol da igualdade de xénero, onde a partir de duas historias moi divertidas Pedro Brandariz conciencia na erradicación dos estereotipos machistas, na eliminación dos roles de xénero e a prevención da violencia contra as mulleres.
Os contos, que vos recomendamos a lectura, foron os seguintes da autora: Raquel Díaz Reguera.






martes, 26 de noviembre de 2019

XOGAMOS NO RECANTO DA BIBLIOTECA INCLUSIVA

O alumnado de cinco anos A achegouse á biblioteca e pasouno bomba cos xogos que se atopan no recanto da biblioteca. Aquí tedes imaxes do momento.


25 DE NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis o noso centro participa na proposta #equaliter contra a violencia de xénero. E aquí tedes o resultado.


sábado, 23 de noviembre de 2019

CONTACONTOS DE CASTORIA

Os máis pequenos do cole, o alumnado de cinco e tres anos, asistiron á biblioteca para escoitar un contacontos de Castoria, o método que empregan na aula. 

miércoles, 6 de noviembre de 2019

CHARLA DO 061

Sanitarios do 061 visitaron a nosa biblioteca para ofrecer ao noso alumnado de cuarto e quinto de primaria, unha clase práctica de Reanimación Cardio Vascular.



jueves, 31 de octubre de 2019

SAMAÍN

Estes días estivemos realizando actividades na biblioteca co motivo do Samaín. Como todos os anos o alumnado maior do centro axudou aos máis pequenos a realizar a proposta, neste caso unha manualidade. Tratábase de realizar arañas e cabazas empregando unha pasta moi especial que ao secar tamén botaba... foi moi divertido. 
Tamén visualizamos o conto "a bruxa regañadentes".


E escoitamos a canción "a bruxa Maruxa".








miércoles, 23 de octubre de 2019

CYBEREXPERTOS

Estes días tiveron lugar na biblioteca charlas para o alumnado de 5º e 6º de primaria sobre cyberacoso así como os perigos que podemos atopar na Rede.



martes, 8 de octubre de 2019

BIBLIOTECA INCLUSIVA

Este ano contamos cun novo recanto na biblioteca: "biblioteca inclusiva". Nel podemos atopar, xogos para estimular e mellorar a linguaxe, recursos para mellorar as funcións executivas, para mellorar a coordinación motora e para mellorar a atención. Ademais, contamos cunha mesa de luz e un tapiz de luz, espellos montessori e un robot. Agardamos que este rincón sexa moi útil e divertido.


martes, 24 de septiembre de 2019

FORMACIÓN DE USUARIOS

Como todos os anos a comezos de curso realizamos actividades de formación de usuarios para ter sempre a biblioteca en orde e moi coidada. Aquí podedes ver aos máis pequenos do cole ordenando.


lunes, 27 de mayo de 2019

QUE É A MORTE PARA TI?

Celia Rodríguez Fernández e Lucía Latas Cabado, resultaron gañadoras do concurso de relato "Que é a morte para ti?"  cuxo obxectivo é expresar a realidade dun falecemento sen dramatismo.


jueves, 23 de mayo de 2019

RECICLANDO CON ARTE

Aquí tedes un pequeno exemplo das preciosas obras que decoraron os pasillos do cole, grazas á colaboración das familias que participaron na proposta "reciclando con arte".





CARNETS DE CIBEREXPERTOS

Hoxe recibimos os nosos carnets de ciberexpertos na biblioteca!!!

VISITA DE MARICA CAMPO

Hoxe visitounos Marica Campo para falar do seu último libro "unha misión para Clara" ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.




lunes, 20 de mayo de 2019

FINAL XOGOS ROMANOS

Hoxe celebrouse a final dos xogos romanos en Astorga, e gañou un alumno do noso centro David Nieto, na categoría alevín, no xogo "O muiño". Felicidades!


viernes, 17 de mayo de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Na biblioteca celebramos esta semana as letras galegas con diferentes actividades.
En primeiro lugar contamos co recanto do homenaxeado: Antón Fraguas.

Tamén se colocaron nos corredores do centro os murais enviados dende bibliotecas escolares, como vimos facendo todos estes anos.

 



Na biblioteca levamos a cabo unha representación versionada do conto de Fraguas "o casamento da pulga e o piollo", polo alumnado de 5 anos A.





jueves, 9 de mayo de 2019

FESTA CORRELINGUA.

Hoxe celebramos a festa do correlingua en Lugo, onde o alumnado gañador de 6º cantou o seu rap. Se pinchas na imaxe do cartaz do correlingua 2019, levarate ao blog do cole onde podes ver imaxes da xornada.


miércoles, 8 de mayo de 2019

EDUCACIÓN SEXUAL

Estes días estamos levando a cabo charlas sobre educación sexual ao alumnado de sexto curso de primaria.

martes, 7 de mayo de 2019

martes, 30 de abril de 2019

XADREZ NA BIBLIOTECA II

Continuamos levando a cabo xadrez na biblioteca. A concentración dos xogadores é máxima, dado que nos estamos achegando á final...


viernes, 26 de abril de 2019

XADREZ

Hoxe comenzaron as partidas de xadrez. Aquí tedes imaxes do momento.


SEMANA DO LIBRO

Este ano coincidiu o día do libro á volta de vacacións e por iso decidimos elaborar actividades ao longo da semana para que nos dera máis tempo a realizalas todas. O broche final foi un contacontos dirixido ao alumnado de infantil e que levaba por título: "A banda do meu pobo". Doris contounos un  conto precioso e super divertido no que disfrutamos moitísimo e mesmo participamos tocando diferentes instrumentos. Aquí podedes ver o ben que o pasamos.

3 anos.


4 anos.

5 anos.

miércoles, 24 de abril de 2019

martes, 9 de abril de 2019

CIENCIA DIVERTIDA

Hoxe levamos a cabo na biblioteca unha actividade chulísima para os máis pequeniños do cole. Tratábase do obradoiro ciencia divertida, onde aprendimos un montón de cousas de hixiene bucodental e mesmo preparamos a nosa propia pasta dentifrica.




Aquí podedes ver imaxes do momento: 

3 ANOS A

 3 ANOS B

domingo, 7 de abril de 2019

RECITADO ROSALÍA SEMPRE VIVA.

O alumnado de 1º A ven de gañar o recitando unha mestura de poemas de Manuel María, na quinta edición do concurso Rosalía Sempre viva.. Noraboa aos campións!
Se pinchas na imaxe levarate ao blog do cole onde poderás ver a actuación enteira.


GAÑADORES CORRELINGUA

Por segundo ano somos gañadores do concurso Correlingua esta vez na categoría de vídeo. Se pinchas na imaxe levarate ao blog do cole onde poderás escoitar o rap do noso alumnado.



martes, 2 de abril de 2019

viernes, 22 de marzo de 2019

DÍA DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA.

Hoxe celebramos unha data moi especial: o día da árbore, auga e poesía.
Se pinchas na imaxe levarate ao blog do cole onde verás imaxes do momento no que plantamos árbores no cole e recitamos poemas.


martes, 19 de marzo de 2019

martes, 12 de marzo de 2019

PIRAGÜISMO

Hoxe levamos a cabo na biblioteca a clase teórica de piragüismo, na que participou o alumnado de cuarto.




sábado, 9 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA

Esta semana traballamos con xornais no centro. 


DÍA DA MULLER

Nesta data conmemoramos o día da muller. Na biblioteca contamos cun recanto para traballar este día con libros nos que se conta historias de mulleres con maiúsculas.


viernes, 1 de marzo de 2019