sábado, 22 de diciembre de 2018

miércoles, 19 de diciembre de 2018

GALLETAS DE NADAL

Este ano rematamos as actividades na biblioteca elaborando galletas de Nadal cos maiores do cole: o alumnado de 5º e 6º de Primaria.  Queríamos ter este detalle con eles porque nos axudaron moitísimo nas actividades do Samaín co alumnado máis pequeno. Foi unha actividade estupenda onde se demostrou a creatividade dos maiores do cole. Aquí vos deixamos imaxes do momento.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own free photo slideshow

lunes, 17 de diciembre de 2018

viernes, 30 de noviembre de 2018

MÁIS NOVIDADES...

Non paran de chegar novidades á nosa biblioteca. Lembrade que atoparedes no recanto de novidades as últimas que recibimos...
Esperamos que vos gusten moito!.




viernes, 23 de noviembre de 2018

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis participamos na proposta  #equaliter:Contra a Violencia de Xénero
Se pinchas na imaxe levarate á páxina do cole onde verás a presentación de todos os coles participantes incluído o noso.


martes, 20 de noviembre de 2018

FLORES SILVESTRES

Un ano máis participamos no calendario Estiño. Este ano adicado ás flores silvestres. Así de bonitos quedaron os traballos realizados sobre elas a carón da biblioteca.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow made with Smilebox

domingo, 11 de noviembre de 2018

jueves, 1 de noviembre de 2018

SAMAÍN

Este ano na biblioteca realizamos un obradoiro de comida monstruosa e na que o alumnado participou activamente e pasouno de MEDO!!
Como o ano pasado, realizamos unha actividade colaborativa onde os maiores do cole axudaba ao alumnado máis pequecho. Neste obradoiro realizáronse: piruletas de cabaza, e magdalenas adornadas como monstruos, arañas ou bufos.
Xa por último visionamos na PDI contos de Samaín que nos encantaron.
Dende o equipo da biblioteca queremos agradecer enormemente ao profesorado pola súa participación e implicación na actividade así como ao alumnado que fixeron un traballo xenial e moi creativo. Aquí vos deixamos imaxes desta actividade.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another slideshow design by Smilebox


Aquí podedes ver tamén outros momentos desta actividade.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Digital slideshow created with Smilebox

lunes, 22 de octubre de 2018

LEMA DENDE BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Acabamos de recibir no Centro o cartel co lema para este curso escolar dende bibliotecas escolares: 



POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos.

Se pinchas no cartel poderás visitar a web de bibliotecas escolares e saber máis.

COÑECENDO A BIBLIOTECA

Como sempre facemos a comezos de curso, levamos a cabo a formación de usuarios para coñecer o funcionamento da nosa biblioteca. Aquí podedes ver aos maiores axudando a ordenar os libros.


NOVIDADES

Acabamos de recibir máis novidades estes días. Achégate á biblioteca para poder coñecelas. Moitas xa son relacionadas co Samaín!!



martes, 16 de octubre de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están preparadas as mochilas viaxeiras que levarán os máis pequeniños do cole (infantil e primeiro de educación primaria) e que conteñen tanto libros en galego como en castelán. Tamén inclúen un dossier onde debuxamos o conto que máis nos gustou coa axuda das nosas familias.





martes, 9 de octubre de 2018

jueves, 13 de septiembre de 2018

BENVIDOS!

Benvidos a un novo curso escolar dende a biblioteca. Agardamos que este curso esté cheo de novas e apaixonantes lecturas. 

lunes, 18 de junio de 2018

FILOSOFÍA PARA NENOS

Hoxe rematamos as actividades da biblioteca sobre filosofía para nenos nas que participaron o alumnado de infantil e os de 2º de primaria.
Esta actividade xiraba en torno á obra de Van Gogh " a noite estrelada". Tiñamos que imaxinar que podían ser eses anaquiños de cadro que visionabamos.


Despois puidemos ver o cadro por dentro e descubrir as rúas e mesmo ter a sensación de camiñar por elas.



Por último realizamos a nosa versión do cadro descubrindo que coloreando con diferentes tonalidades a noite pasa a ser día ou tarde e incluso parece dar frío ou calor. Aquí nos podedes ver traballando moito.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free picture slideshow generated with Smilebox

viernes, 1 de junio de 2018

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2018

Dous alumnos do centro gañaron o Concurso das Letras Galegas 2018 convocado pola Biblioteca Pública de Lugo. Os gañadores son:
-Saúl López López. O 3º premio de relato. O seu conto era: " O patiño fermoso".
-Mateo Muñoz Gabino. O 1º premio de debuxo. O seu conto titulábase: "As 3 carapuchiñas, o lobo e brancaneves".
Aquí podedes ver fotos da recollida do premio.



jueves, 31 de mayo de 2018

VISITA DE XOAN BABARRO

Hoxe visitounos na biblioteca Xoan Babarro para falarnos do seu libro: "Hilario e os tres medos". Participaron os nenos de quinto e sexto.




miércoles, 30 de mayo de 2018

LÁSER RUN

Esta semana na biblioteca acollemos unhas charlas de Láser run,  un novo deporte que encantou ao noso alumnado de 3º a 6º de Primaria. A actividade constaba de dúas partes.
- 1º. Levouse a cabo unha charla, que consistía nunha clase-teórica para coñecer máis esta actividade.
-2º  Xa no pabillón, realizouse a clase práctica, que consiste en correr e disparar a unha diana.
Aquí podedes ver o ben que o pasaron.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow made with Smilebox

jueves, 17 de mayo de 2018

RADIO ALBEIROS NA BIBLIOTECA

Para celebrar este ano o día das letras galegas puxemos en marcha dende a biblioteca a primeira actividade de radio escolar. Neste caso participaron os seguintes cursos que o fixeron moi ben.

Alumnado de 3º B que comezaron facendo un percorrido pola vida e obra de María Victoria Moreno.

 
Alumnado de 1º A que recitaron obras do libro: "Eu conto, ti cantas"

Alumnado de 5º B que recitaron poemas de "Eu conto, ti cantas".

martes, 15 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018


Este ano o día das letras galegas está adicado a María Victoria Moreno e dende a biblioteca imos propoñer algúns recursos para traballar a súa figura:

-No  Portal da Lingua Galega podedes consultar o programa de actividades para estas Letras e obter información sobre autores homenaxeados no pasado.


-Na páxina do seminario galán tamén atopamos moi bos recursos ademais de xogos LIM.


-No espazo abalar tamén podemos atopar recursos interesantes.

-Na páxina primavera de letras hai actividades divertidas para aprender máis.



AQUI VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DOS NOSOS MURAIS E TRABALLOS










miércoles, 9 de mayo de 2018

NOVOS RECANTOS NA BIBLIOTECA

Temos novas estanterías na biblioteca que fan as veces de recantos onde podemos atopar os seguintes libros:

RECANTO DE SUBSCRIPCIÓNS.



Aquí podedes atopar as nosas subscripcións con información interesante e útil para realizar traballos. Ademais de contar con curiosidades, pasatempos...

RECANTO "UN MAR DE LIBROS".

Este barco e este faro agachan no seu interior unha chea de libros sobre a natureza, ciencia, cousas interesantes e curiosidades.... son libros para empregar na biblioteca así que achégate a descubrilos.

RECANTO DE XOGOS MATEMÁTICOS.

Neste recanto contamos con xogos matemáticos para pasar un anaco divertido, xogar a pensar e desfrutas encontrando respostas a problemas.

RECANTO DOS VALORES.

Nesta estantería atopamos os libros relacionados cos valores, emocións, sentimentos, conductas..

                RECANTO DOS LIBROS PEQUENOS



Neste recanto gardamos os libros pequenos de infantil para que non se nos perda ningún deles porque son muy chulos!

RECANTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.


Para atopar información e libros da homenaxeada este ano.