viernes, 22 de diciembre de 2017

LECTURAS RECOMENDADAS

Aquí vos deixamos unha recomendación de lecturas para as distintas idades. Esperamos que sexan do voso agrado.







FELICES LECTURAS!

sábado, 16 de diciembre de 2017

ANA MATNADZE

Tivemos a sorte de contar no noso cole con Ana Matnadze, Mestra Internacional e gran mestra feminina , ademais de campiona en varias categorias. Pincha na imaxe para vela.


sábado, 25 de noviembre de 2017

RECANTO DE NADAL

Xa temos na nosa biblioteca preparado o recanto de Nadal cunha selección de lecturas para estas datas. Estes contos están cedidos como préstamo pola biblioteca Municipal do parque da Milagrosa e estarán no noso Centro ata o vindeiro 19 de Decembro. Agardamos que desfrutedes deles. Felices lecutras!.


25 DE NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

No Centro estamos a traballar contra a violencia de xénero neste día tan sinalado. Se pinchas na imaxe poderás ver algúns dos nosos traballos.



martes, 21 de noviembre de 2017

CALENDARIO "ESTIÑO"

Como tódolos anos, o Centro participa na elaboración do calendario Estiño, este ano tocounos participar elaborando material do ciclo da auga. Se pinchas na imaxe levarate ao blog do Centro onde poderás ver os traballos que fixemos. Somos uns artistas!



miércoles, 1 de noviembre de 2017

SAMAÍN 5º B

Os nenos de 5ºB  recitamos uns poemiñas do Samaín recollidos en Internet. Foi moi divertido!!


SAMAÍN (III)

Hoxe rematamos as actividades realizadas na biblioteca para celbrar o Samaín. Deixámosvos fotos das últimas manualidades feitas de xeito colaborativo polo noso alumnado.

Alumnado de 1º B axudado por 4ºB

Alumnado de 5 anos B axudado por 3ºB

Alumnado de 5 anos A axudado por 3ºA

lunes, 30 de octubre de 2017

SAMAÍN 2017 (II)

Hoxe continuamos coas actividades da biblioteca adicadas ao Samaín. Aquí vos deixamos as fotos dos nenos de 4 anos A axudados polos de 6º A.

E agora os nenos de 4 anos B axudados polos alumnos de 6º B.

E por último o alumnado de 1º A axudado polo alumnado de 4º A.

sábado, 28 de octubre de 2017

SAMAÍN 2017

Hoxe comezamos coas actividades de Samaín dentro da biblioteca. Realizamos actividades plásticas onde os maiores axudaban aos pequenos a realizar unha manualidade terrorífica!!!
Tamén escoitamos o conto e a canción de "corre, corre, cabaciña", na pizarra dixital.
Aquí vos deixamos o conto:


E aquí podedes escoitar a canción que tanto nos gustou e tanto cantamos:


Pincha nos seguintes enlaces para velos

Aquí os alumnos de 3 anos A, axudados polos de 5º A


Aquí os alumnos de 3 anos b, axudados polos de 5º B.


Aquí os de 2º axudados polos de 5º B


jueves, 26 de octubre de 2017

COÑECENDO A BIBLIOTECA

Unha das actividades que realizamos a comezos de curso é coñecer o funcionamento e normas da biblioteca. Nesta actividade participa todo o alumnado do cole xa que temos que saber perfectamente onde se colocan os libros e de que xeito, cales son os libros que debemos ler, onde temos os libros de consulta, cómic, inglés... Ademais de coñecer que temos que mirar no libro as indicacións establecidas pola CDU para organizar os libros e que esa información está na etiqueta do exterior do Aquí podemos ver alumnos que realizaron esta actividade.


martes, 13 de junio de 2017

BANDA DESEÑADA

Aquí vos deixamos con outra mostra do traballo realizado con comic de Asterix. Neste caso trátase do alumnado de quinto de primaria. Como podedes ver son uns verdadeiros artistas!!


miércoles, 10 de mayo de 2017

CANTA CONTOS

Hoxe  tivemos unha gran sorpresa no cole. Recibimos a un "Canta Contos", Luis Vallecillo, que nos cantou e fixo participar moito a todo o cole. 
Se queres coñecer algunha das súas cancións preme aquí para escoitalas.




lunes, 8 de mayo de 2017

CARLOS CASARES.

Xa temos preparado o recanto de Carlos Casares na nosa biblioteca. Aquí poderás atopar obras deste autor para coñecelo ainda máis.



domingo, 7 de mayo de 2017

ASTERIX E OBELIX

Como xa sabedes, dende a biblioteca estamos levando a cabo o proxecto "Asterix". Aquí vos deixamos un xogo LIM para poñer a proba todas as cousas que aprendemos a través deste proxecto.
Agardamos que vos guste


sábado, 6 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS.

Este ano, o día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares. Dende a biblioteca queremos propoñervos estes xogos LIM, que enlazan con actividades do seminario galán, para coñecer un pouco máis a este escritor.
Se pinchas na seguinte imaxe poderás acceder a xogos da biografía do autor, así como, xogos para infantil e primaria.
A xogar!!


MALETA VIAXEIRA

Acaba de chegar ao noso centro a maleta viaxeira procedente de bibliotecas escolares. Este mes de maio poderemos desfrutar dela xa que ven cargadiña de libros e revistas de banda deseñada, que era outro dos aspectos que tiñamos en mente traballar este ano dende o equipo de biblioteca. Agardamos que vos guste moito.
Se premes na imaxe podes ver o contido da nosa maleta.
Felices lecturas !



martes, 25 de abril de 2017

O selo de Burbulla!!

Burbulla xa entrou no mundo da filatelia, e  ten o seu propio selo de correos.
Se queres saber máis preme aquí