martes, 20 de diciembre de 2016

A MANEIRA DE...

Este curso dende a biblioteca propuxéronnos pintar
"A MANEIRA DE..."                      
Mirade cantos pintores coñecemos xa:
3 ANOS
 4 ANOS
5 ANOS
4º PRIMARIA
5º PRIMARIA

domingo, 27 de noviembre de 2016

PINTEREST

No lateral dereito aparece unha nova imaxe que nos enlaza cunha aplicación nova: Pinterest. Nesta páxina iremos recollendo actividades relacionadas coa lectura e coa biblioteca que esperamos sexan do voso interés.
Nel podedes atopar contos contados, contos cantados, actividades relacionadas coa lectura...
Pinchando nesta imaxe que se atopa no lateral dereito do blog poderás acceder ao noso novo Pinterest.

sábado, 19 de noviembre de 2016

sábado, 29 de octubre de 2016

Esta semana foi... DE MEDO!!

Na casa de Burbulla sempre hai motivos para festexar, e esta semana non foi para menos; enterámonos de que nos renovaron o PLAMBE, así que dispoñemos de novo orzamento para seguir arranxando e mellorando a nosa biblioteca.
Por outra banda, co gallo do SAMAÍN, todos os nenos e nenas do cole se achegaron ao recuncho do medo, onde nos agardaban unha morea de contos terroríficos: 
Documentámonos ben sobre o tema, escribimos historias de medo e festexámolo por todo o alto.

Non te perdas ningún detalle de como foi a festa. PREME AQUÍ


lunes, 10 de octubre de 2016

ESTAMOS DE FESTA

Hai tempo para todo; gozando da festa e preparando as MOCHILAS VIAXEIRAS, que a non tardar poderedes levar ás vosas casas
FELICES LECTURAS!!

viernes, 24 de junio de 2016

Felices vacacións!!

Burbulla despídese ata setembro cunha mostra de libros feitos polos nosos alumn@s.

Desfrutade do verán!!


lunes, 22 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de Febreiro, conmemoramos a data de nacemento de Rosalía de Castro sumándonos á iniciativa da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.
Se queres saber máis da homenaxeada, lembra que na biblioteca dispoñemos de libros que poden axudarche.                                       

sábado, 23 de enero de 2016

viernes, 15 de enero de 2016

ESTAMOS DE REFORMAS

ANTES















DESPOIS


Estes días andamos de reformas; pero iso non significa que non se poidan utilizar os recursos da biblioteca, de feito xa  andan circulando as MOCHILAS VIAXEIRAS, e se precisades calquera libro ou colección non dubidedes en dicilo; o Equipo de Biblioteca está a traballar arreo para que esté todo listo á maior brevidade.