miércoles, 24 de junio de 2015

BARXILÓN NO MAR DE LATÓN.

     Esta semana recibimos no Centro o libro "Barxilón no mar de latón". Trátase do producto final do proxecto educativo "Barxas emprende: creación dunha editorial", unha actividade interdisciplinar e creativa que prentede fomentar a cultura emprendedora, a aprendizaxe e a motivación. Esta actividade levouse a cabo no IES  As Brañas, de Moaña, que tiveron o detalle de compartir con nós. Dende o Ceip Albeiros queremos aproveitar dende aquí para darlles as grazas polo agasallo deste libro. Esta actividade pretende realizar un libro, entendido como unha pequena obra de arte, na que priman as ilustracións, o deseño, as actividades e animación á lectura, a música e as novas tecnoloxías.
      Se queres máis información relativa á experiencia, podes atopala no blog do proxecto pinchando na seguinte imaxe.


Xa podes atopar o libro: "Barxilón no mar de latón" na nosa biblioteca. Felices lecturas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario