lunes, 14 de diciembre de 2015

viernes, 16 de octubre de 2015

Vai de GATOS e RATOS

Outro ano máis colaboramos co Colectivo ESTIÑO na elaboración do seu calendario,este curso adicado a  Manuel María e a nós tocounos o poema "SEÑOR GATO"; para estar ben documentados non deixedes de visitar o recanto da Biblioteca....

lunes, 14 de septiembre de 2015

REMATARON AS VACACIÓNS!!

Este  curso estamos de NORABOA; concedéronmos o PLAMBE para a mellora da nosa biblioteca.
 Imos ter moitas novidades, novos espazos, novos libros,... 
AGARDO POR VÓS NA BIBLIOTECA. BURBULLA

miércoles, 24 de junio de 2015

FOTOS CON MAFALDA

Os nenos e nenas de educación infantil fixémonos fotos con Mafalda, que foi a protagonista do PDI que se levou a cabo este ano no Centro. Aquí podedes ver o ben que saimos todos.

3 ANOS A.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a slideshow design
3 ANOS B.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another slideshow design by Smilebox

                         4 ANOS.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow personalized with Smilebox

 5 ANOS A.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow generated with Smilebox

 5 ANOS B.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow created with Smilebox

BARXILÓN NO MAR DE LATÓN.

     Esta semana recibimos no Centro o libro "Barxilón no mar de latón". Trátase do producto final do proxecto educativo "Barxas emprende: creación dunha editorial", unha actividade interdisciplinar e creativa que prentede fomentar a cultura emprendedora, a aprendizaxe e a motivación. Esta actividade levouse a cabo no IES  As Brañas, de Moaña, que tiveron o detalle de compartir con nós. Dende o Ceip Albeiros queremos aproveitar dende aquí para darlles as grazas polo agasallo deste libro. Esta actividade pretende realizar un libro, entendido como unha pequena obra de arte, na que priman as ilustracións, o deseño, as actividades e animación á lectura, a música e as novas tecnoloxías.
      Se queres máis información relativa á experiencia, podes atopala no blog do proxecto pinchando na seguinte imaxe.


Xa podes atopar o libro: "Barxilón no mar de latón" na nosa biblioteca. Felices lecturas!

jueves, 4 de junio de 2015

UN CAN E UN GATO.

       Durante este curso escolar, realizamos de novo unha película coa técnica de animación de "stop motion" . A propósta encadrase dentro da iniciativa da editorial OQO e da rtvg, e que leva por título: "nós tamén creamos". Este foi o cartel que realizamos para anunciar o noso corto de animación. Pinchando enriba del podedes ver a peli. Esperamos que vos guste.

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/un-can-e-un-gato-ceip-albeiros

       A continuación podes ver o "making of" da nosa peli. Nela colaborou todo o alumnado de educación infantil, repartíndose as distintas tarefas: elaboración de decorados, gravación das voces, animación, elaboración das personaxes en plastilina...

Os maiores de educación infantil, os nenos/as de 5 anos, foron os encargados de realizar o "story board" que quedou así de chulo.

domingo, 31 de mayo de 2015

RECANTO MATEMÁTICO

Ao longo deste curso realizamos na biblitoteca o noso recanto matemático no que puidemos xogar e disfrutar de forma lúdica das matemáticas. A proposta foi lanzada dende bibliotecas escolares e o lema era: "biblioteca escolar...matemático!!!". Este era o cartel do lema ilustrado por David Pintor.
 
 
Na seguinte presentación podes ver algúns dos xogos que estaban presentes neste recanto así como ao noso alumnado xogando. Contabamos con pentominós, xeoplanos, xogos de memoria, xogos de palillos, sudokus...
 
 
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
                          

Customize a slideshow design


Dentro de este traballo coas matemáticas fixemos fincapé na figura de M. C. Escher, considerado o artista matemático. Se pinchas na súa imaxe enlazarás con información sobre a sua figura e obra.
 
http://es.wikipedia.org/wiki/M._C._Escher
 
 
 
A partir das súas obras realizamos composicións que fixemos nosas, dándolles o noso aire e estilo. Na seguinte presentacion podedes ver o ben que quedaron.

 
 
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow generated with Smilebox

 

domingo, 15 de marzo de 2015

CONTOS DIXITAIS EN EDUCACION INFANTIL


        Os nenos e nenas de educación infantil estiveron traballando moito diferentes tipos de contos. Primeiro escoitaronnos na clase coas suas titoras, e despois, gravamos as nosas voces para realizar un conto dixital onde participamos todos. Foi unha experiencia moi divertida e que agardamos repetir. Os contos traballados foron os seguintes. Pincha na imaxe para acceder a cada un deles.
         Os nenos e nenas de 3 anos realizaron o conto: "Las zapatillas rojas".
 

https://dl.dropboxusercontent.com/u/111234036/zapatillas%20rojas%203%20anos%20a/Diapositiva%201.swf
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/111234036/zapatillas%20rojas%203%20anos%20b/ZAPATILLAS%20ROJAS%203%20ANOS%20B.swf

 
          Os nenos e nenas de 4 anos realizaron un conto inventado por eles, sobre unha bruxa moi orixinal: "A bruxa Witch". Este conto sirveunos para a conmemoración do Samaín
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/111234036/a%20bruxa%20witch/Diapositiva%201.swf

 
            Os nenos e nenas de 5 anos A realizaron o conto: "O galo Quirico".
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/111234036/o%20galo%20quirico%205%20anos%20a/o%20galo%20quirico%205%20anos%20a.swf

 
           E os nenos e nenas de 5 anos B crearon o conto: " O ratiño Pérez".

https://dl.dropboxusercontent.com/u/111234036/o%20rati%C3%B1o%20perez%205%20anos%20b/o%20rati%C3%B1o%20perez%205%20anos%20b.swf
 
 
            Agardamos que vos gusten tanto como a nós.
 
 

sábado, 7 de marzo de 2015

BENVID@S

         Benvidos/as a todos/as ao novo blog da biblioteca do Ceip de Albeiros. A través del pretendemos amosarvos os traballos dos nosos/as alumnos/as, así como tódalas actividades que levamos a cabo arredor da biblioteca e coa axuda da nosa mascota Burbulla. 
        Pouco a pouco iremos subindo os novos traballos que realizaremos durante este curso, pero tamén vos amosaremos outros de anos anteriores para que vexades o ben que traballan estes nenos/as.
       Queremos aproveitar para decirvos, que este medio pretende ser unha via de comunicación coas familias, así que agardamos os vosos comentarios que nos serviarán para coñecer a vosa opinión e tamén mellorar no noso traballo.