viernes, 11 de marzo de 2022

ROSCO AO RESCATE

 Este mércores os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria tiveron unha visita moi especial, o ourizo cacho Rosco, unha iniciativa levada a cabo pola Casa Grande de Xanceda.

A través dunha pequena representación teatral e dunha canción, Rosco estivo contándolles o importante que son as abellas pola polinización, a función que ten cada animal na natureza, como combater o cambio climático e a contaminación; e a regra das 3R (reducir, reciclar e reutilizar).

Así de atentos estiveron, agora só queda poñer en práctica o aprendido!



No hay comentarios:

Publicar un comentario