miércoles, 28 de abril de 2021

AS FABAS MÁXICAS

 Hoxe visionamos online o teatro de títeres de "As fabas máxicas" ofrecido por Afundación. Trátase dun espectáculo contado en primeira persoa apoiado por títeres, que nos ofrece unha nova versión do conto "Xan e as fabas máxicas".


Tras criarse na aldea coa súa avoa , Xan vive agora de adulto nun apartamento de Nova York. Un día coidando as plantas da súa terraza, descubre algo que lle fai lembrar unha infancia chea de aventuras, onde co valor, a emoción e o enxeño conséguense superar todos os obtáculos.




miércoles, 21 de abril de 2021

XELAS ARIAS

 Este ano está adicado o día das Letras Galegas a Xela Arias Castaño. No seguinte enlace podes acceder a máis información para coñecer un pouquiño máis a esta escritora.

Programación institucional Letras Galegas 2021

Máis autores homenaxeados polas Letras Galegas

Exposición: "Aquela nena de Sarria".

Real Academia Galega (RAG)

Agora deixámosvos os seguintes xogos para poñer a proba os vosos coñecementos:


lunes, 19 de abril de 2021

LECTURA FÁCIL

 Temos na biblioteca novas adquisicións para o recanto inclusivo, concretamente estes libros de lectura fácil que están identificados co seguinte símbolo.




lunes, 5 de abril de 2021

MES DO LIBRO

 Deixámosvos uns xogos para traballar no mes do libro,para diferentes etapas: educación Infantil e primeiros cursos de Primaria.