jueves, 18 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA

 Do 8 ao 12 de marzo celebramos a semana da prensa. Aquí tedes unha mostra do traballo realizado polo alumnado de catro anos.



lunes, 15 de marzo de 2021

CÓDIGO QR NA MILLA DIARIA.

 Xa temos instalados os códigos QR no percorrido da milla diaria. Estos puntos marcarán a distancia percorrida acompañada de Burbulla, a nosa mascota da biblioteca preparada con chándal para facer a milla diaria. A carón atoparemos un código QR que oculta unha das portas da muralla e que enlaza co noso proxecto da biblioteca. Neste proxecto cada nivel traballará sobre unha das portas da muralla que se atopan agochadas nestes puntos da milla. Estade atentos porque pronto veremos os diferentes traballos realizados que terán un enlace a ese código QR.


Se pinchas na seguinte imaxe, levarate ao blog do Plan Proxecta onde poderás seguir todas as novidades.



martes, 9 de marzo de 2021

EXPOSICIÓN DE NENAS A LENDAS

 Estes días contamos no pavillón cunha exposición de mulleres deportistas que leva por título: "de nenas a lendas".




viernes, 5 de marzo de 2021

CORRE UNHA MILLA CON BURBULLA.

 Este ano, estamos participando dende a biblioteca, noutro proxecto do centro: "a milla diaria". Burbulla, a nosa mascota, vai a indicarnos o percorrido así como os puntos (10 en total) cos metros que levamos feito ata chegar a cada un deles. Por outro lado, seguiremos traballando no proxecto da muralla que comezamos o ano pasado e que enlazaremos con este proxecto. Así, cada un dos puntos corresponderase con unha das portas da muralla romana. Pronto veredes os traballos que elaboraremos para cada unha delas....

Pincha na imaxe e levarabe ao blog do Plan Proxecta onde atoparás máis información.





jueves, 4 de marzo de 2021

8 M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

 O vindeiro 8 de marzo celebramos o día internacional da muller e deixámosvos este Genially onde se fai unha homenaxe ás mulleres deportistas galegas. Agardamos que vos guste.