sábado, 30 de noviembre de 2019

"NON MÁIS PRINCESAS"

Hoxe asistimos ao espectáculo de narración oral "Non Máis Princesas", un contacontos a prol da igualdade de xénero, onde a partir de duas historias moi divertidas Pedro Brandariz conciencia na erradicación dos estereotipos machistas, na eliminación dos roles de xénero e a prevención da violencia contra as mulleres.
Os contos, que vos recomendamos a lectura, foron os seguintes da autora: Raquel Díaz Reguera.






martes, 26 de noviembre de 2019

XOGAMOS NO RECANTO DA BIBLIOTECA INCLUSIVA

O alumnado de cinco anos A achegouse á biblioteca e pasouno bomba cos xogos que se atopan no recanto da biblioteca. Aquí tedes imaxes do momento.


25 DE NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis o noso centro participa na proposta #equaliter contra a violencia de xénero. E aquí tedes o resultado.


sábado, 23 de noviembre de 2019

CONTACONTOS DE CASTORIA

Os máis pequenos do cole, o alumnado de cinco e tres anos, asistiron á biblioteca para escoitar un contacontos de Castoria, o método que empregan na aula. 

miércoles, 6 de noviembre de 2019

CHARLA DO 061

Sanitarios do 061 visitaron a nosa biblioteca para ofrecer ao noso alumnado de cuarto e quinto de primaria, unha clase práctica de Reanimación Cardio Vascular.