lunes, 27 de mayo de 2019

QUE É A MORTE PARA TI?

Celia Rodríguez Fernández e Lucía Latas Cabado, resultaron gañadoras do concurso de relato "Que é a morte para ti?"  cuxo obxectivo é expresar a realidade dun falecemento sen dramatismo.


jueves, 23 de mayo de 2019

RECICLANDO CON ARTE

Aquí tedes un pequeno exemplo das preciosas obras que decoraron os pasillos do cole, grazas á colaboración das familias que participaron na proposta "reciclando con arte".





CARNETS DE CIBEREXPERTOS

Hoxe recibimos os nosos carnets de ciberexpertos na biblioteca!!!

VISITA DE MARICA CAMPO

Hoxe visitounos Marica Campo para falar do seu último libro "unha misión para Clara" ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.




lunes, 20 de mayo de 2019

FINAL XOGOS ROMANOS

Hoxe celebrouse a final dos xogos romanos en Astorga, e gañou un alumno do noso centro David Nieto, na categoría alevín, no xogo "O muiño". Felicidades!


viernes, 17 de mayo de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Na biblioteca celebramos esta semana as letras galegas con diferentes actividades.
En primeiro lugar contamos co recanto do homenaxeado: Antón Fraguas.

Tamén se colocaron nos corredores do centro os murais enviados dende bibliotecas escolares, como vimos facendo todos estes anos.

 



Na biblioteca levamos a cabo unha representación versionada do conto de Fraguas "o casamento da pulga e o piollo", polo alumnado de 5 anos A.





jueves, 9 de mayo de 2019

FESTA CORRELINGUA.

Hoxe celebramos a festa do correlingua en Lugo, onde o alumnado gañador de 6º cantou o seu rap. Se pinchas na imaxe do cartaz do correlingua 2019, levarate ao blog do cole onde podes ver imaxes da xornada.


miércoles, 8 de mayo de 2019

EDUCACIÓN SEXUAL

Estes días estamos levando a cabo charlas sobre educación sexual ao alumnado de sexto curso de primaria.

martes, 7 de mayo de 2019