domingo, 24 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Como todos os anos, seguimos a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración de esta data tan significativa para todos nós. Neste casa o lema en versión hashtag era: #LibreOMeuPensamento_rdc_19
Se premes na imaxe levarate ao blog do cole onde aparecerán máis imaxes dos traballos realizados para conmemorar este día.


Tamén na biblioteca contamos cun recanto adicado a Rosalía de Castro onde atopamos libros moi interesantes sobre a nosa escritora.


martes, 12 de febrero de 2019

IMPRESIÓN 3D

Hoxe recibimos na biblioteca unha charla moi interesante acerca da nova tecnoloxía 3D. Explicáronnos o proceso de elaboración de diferentes formas con estas impresoras tan especiais e sorprendentes para nós. 







viernes, 8 de febrero de 2019

OS HUMEDAIS E O CAMBIO CLIMÁTICO

Recibimos na biblioteca a charla "os humedais e o cambio climático", dirixido ao alumnado de 5º de ed. primaria, organizado pola USC e o Concello de Lugo.