sábado, 24 de marzo de 2018

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Este ano celebramos con máis ganas ainda se cabe este día, xa que xira en torno ao noso proxecto de Centro. Comezamos contando un conto que tiña como protagonista un salgueiro , árbore que finalmente plantamos no cole e esperamos velo medrar. Velaquí unha mostra do moito que traballamos.


lunes, 19 de marzo de 2018

"ROSALÍA SEMPRE VIVA"

Recitado "Rosalía sempre viva"2018 na Casa Museo Manuel María en Outeiro de Rei. Participaron Carla Cortón Prado e Rebeca López Janeiro de terceiro de primaria. 


viernes, 16 de marzo de 2018

OBRADOIRO DOS SENTIDOS

Hoxe tivemos unha actividade moi especial na biblioteca. Os máis pequenos do cole, o alumnado de tres anos, achegouse á biblio para experimentar cos sentidos. Alí estaban preparados varios recantos:
-O recanto da vista: con gafas con cristais de cores, un caleidoscopio (palabra moi rara e que nos custaba pronunciar)  e unha lupa coa que miramos insectos de cerca.
- O recanto do gusto: probamos sal do himalaia rosa, azucre e limón.
- O recanto do tacto: tocamos lixa, algodón, pompóns, estropajo. E tamén poidemos coller unhas pompas especiais coa man, xa que non se rompían!
- O recanto do olfato: Ulimos anis, eucalipto, lavanda, colonia, e manzanilla.
Quedounos o recanto do ouvido pero ese realizarémolo na clase coas nosas profes.
Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o divertido que foi e o ben que o pasamos. Para rematar comimos unhas galletas riquísimas! mmmm!
Dende aquí queremos dar moitísimas grazas ás profes Conchi e Chelo que axudaron as titoras a levar a cabo esta actividade cos nenos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own picture slideshow

viernes, 9 de marzo de 2018

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe conmemoramos o día internacional da muller. Se pinchas na imaxe poderás ver algúns dos nosos traballos.