miércoles, 10 de mayo de 2017

CANTA CONTOS

Hoxe  tivemos unha gran sorpresa no cole. Recibimos a un "Canta Contos", Luis Vallecillo, que nos cantou e fixo participar moito a todo o cole. 
Se queres coñecer algunha das súas cancións preme aquí para escoitalas.




lunes, 8 de mayo de 2017

CARLOS CASARES.

Xa temos preparado o recanto de Carlos Casares na nosa biblioteca. Aquí poderás atopar obras deste autor para coñecelo ainda máis.



domingo, 7 de mayo de 2017

ASTERIX E OBELIX

Como xa sabedes, dende a biblioteca estamos levando a cabo o proxecto "Asterix". Aquí vos deixamos un xogo LIM para poñer a proba todas as cousas que aprendemos a través deste proxecto.
Agardamos que vos guste


sábado, 6 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS.

Este ano, o día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares. Dende a biblioteca queremos propoñervos estes xogos LIM, que enlazan con actividades do seminario galán, para coñecer un pouco máis a este escritor.
Se pinchas na seguinte imaxe poderás acceder a xogos da biografía do autor, así como, xogos para infantil e primaria.
A xogar!!


MALETA VIAXEIRA

Acaba de chegar ao noso centro a maleta viaxeira procedente de bibliotecas escolares. Este mes de maio poderemos desfrutar dela xa que ven cargadiña de libros e revistas de banda deseñada, que era outro dos aspectos que tiñamos en mente traballar este ano dende o equipo de biblioteca. Agardamos que vos guste moito.
Se premes na imaxe podes ver o contido da nosa maleta.
Felices lecturas !