miércoles, 24 de junio de 2015

FOTOS CON MAFALDA

Os nenos e nenas de educación infantil fixémonos fotos con Mafalda, que foi a protagonista do PDI que se levou a cabo este ano no Centro. Aquí podedes ver o ben que saimos todos.

3 ANOS A.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a slideshow design
3 ANOS B.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another slideshow design by Smilebox

                         4 ANOS.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow personalized with Smilebox

 5 ANOS A.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow generated with Smilebox

 5 ANOS B.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow created with Smilebox

BARXILÓN NO MAR DE LATÓN.

     Esta semana recibimos no Centro o libro "Barxilón no mar de latón". Trátase do producto final do proxecto educativo "Barxas emprende: creación dunha editorial", unha actividade interdisciplinar e creativa que prentede fomentar a cultura emprendedora, a aprendizaxe e a motivación. Esta actividade levouse a cabo no IES  As Brañas, de Moaña, que tiveron o detalle de compartir con nós. Dende o Ceip Albeiros queremos aproveitar dende aquí para darlles as grazas polo agasallo deste libro. Esta actividade pretende realizar un libro, entendido como unha pequena obra de arte, na que priman as ilustracións, o deseño, as actividades e animación á lectura, a música e as novas tecnoloxías.
      Se queres máis información relativa á experiencia, podes atopala no blog do proxecto pinchando na seguinte imaxe.


Xa podes atopar o libro: "Barxilón no mar de latón" na nosa biblioteca. Felices lecturas!

jueves, 4 de junio de 2015

UN CAN E UN GATO.

       Durante este curso escolar, realizamos de novo unha película coa técnica de animación de "stop motion" . A propósta encadrase dentro da iniciativa da editorial OQO e da rtvg, e que leva por título: "nós tamén creamos". Este foi o cartel que realizamos para anunciar o noso corto de animación. Pinchando enriba del podedes ver a peli. Esperamos que vos guste.

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/un-can-e-un-gato-ceip-albeiros

       A continuación podes ver o "making of" da nosa peli. Nela colaborou todo o alumnado de educación infantil, repartíndose as distintas tarefas: elaboración de decorados, gravación das voces, animación, elaboración das personaxes en plastilina...

Os maiores de educación infantil, os nenos/as de 5 anos, foron os encargados de realizar o "story board" que quedou así de chulo.